Sábado, 3 Maio de 2025

Arranca a campaña solidaria de Nadal de recollida de alimentos coas primeiras doazóns de empresas mosenses

O Nadal Solidario de “MosAxuda” permitirá que preto de 100 familias mosenses poidan gozar tamén das datas navideñas

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade mosense, Sara Cebreiro, recibiron na Casa Consistorial aos primeiros empresarios en sumarse un ano máis a esta campaña de aportación de alimentos destinados á campaña Nadal Solidario de Mos Axuda.

Nadal Solidario é unha campaña anual de recollida de alimentos que o Concello de Mos organiza para que ningunha familia mosense quede sen celebrar as festas navideñas.

Mos Axuda é un proxecto do Concello de Mos nacido en 2015 como unha organización de reparto directo de alimentos entre as persoas máis desfavorecidas do municipio e apoiado polos Servizos Sociais municipais.

As empresas presentes: Noribériva, Recoclajes Avi e Afamsa son tres empresas que ademáis de colabora todos os anos nas campañas de nadal, véñeno a facer de xeito habitual desde o mes de marzo, cando comezou a pamdemia, volcados completamente en axudar ao Concello a paliar as necesidades das familias. Ao longo de 2020 repartíronse 40 toneladas de alimentos e tarxetas para compra de producto fresco nos supermercados de Mos valoradas nun total de 21.000€

Ademais da doazón por parte destas tres empresas, cóntase tamen coa incondicional colaboración da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, e moitas outras empresas tales como Pesca Puerta, Autos Rivada, Tecdisma… que xa confirmaron a súa participación nesta especial edición  2020.

Seguindo coa traxectoria e perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección aos máis necesitados, dende o concello solicitan a colaboración de toda a sociedade nesta campaña de nadal 2020 que ademais é unha campaña especial, debido á situación que viven moitas familias provocada pola crise sanitaria da Covid-19; deste xeito a recollida faise extensiva tamén aos colexios de Mos, ao Instituto, ás asociacións veciñais e culturais e ó Belén do Pazo de Mos; onde as persoas interesadas en colaborar con esta campaña solidaria poderán depositar a súa doazón de alimentos ata o vindeiro día 18 de decembro.

Grazas a todas estas aportacións as familias beneficiarias poderán celebrar o Nadal como merecen.

As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, declararon esta que “dende o Concello estamos moi agradecidos e satisfeitos de como arranca a campaña de doazón de alimentos deste ano”, e aproveitaron a ocasión para “agradecer a colaboración cidadá dos veciños e veciñas de Mos que, edición tras edición, veñen a demostrar que Mos é un pobo solidario”.

A rexedora local mosense e a edil de Política Social explicaron que “para poder levar a cabo este proxecto solidario e que todas as familias de Mos poidan gozar destas festas tamen contamos ca axuda dun pilar fundamental; os voluntarios e voluntarias, tanto de MosAxuda como de Protección Civil, e que son un orgullo para o municipio”.

A entrega dos alimentos recopilados e de cheques para compra de alimento fresco nos supermercados de Mos, realizarase na sede de Mos Axuda, sita en Puxeiros, o día 22 de decembro.

En total son preto de 100 familias usuarias dos Servizos Sociais municipais, que en número de persoas pode alcanzar preto de 250.