Martes, 17 Xuño de 2025

O alcalde da Cañiza recibe a visita da delegada territorial da Xunta en Pontevedra na súa primeira visita ao consistorio

Durante máis dunha hora o Luis Piña informou a calde informou María Luisa Piñeiro dos trámites que o Concello ten abertos coa Xunta de Galicia, todos pendentes de resolver e que son de especial importancia para a mellora da calidade de vida da veciñanza

O alcalde da Cañiza, Luis Piña, recibiu onte no seu despacho á nova delegada territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, María Luisa Piñeiro, nunha xuntanza na que se trataron 12 puntos. Temas todos pendentes de resolver coa Comunidade Autónoma e que son de especial interese para mellorar os servizos municipais, como é o tema do abastecemento da traída de augas municipal.

Un expediente iniciado no ano 2008 polo antepenúltimo alcalde e que remata nos últimos anos coa redacción dun proxecto que, ademáis de inasumible polo coste económico que suporía para o Concello a súa execución (1.600.000,00 € dos que a Xunta aportaría 600.000 € e o Concello 1 millón), consultados varios técnicos o proxecto non sería viable nin solucionaría os problemas de auga nos meses de seca.

O proxecto contempla derivar auga do río Deva so no verán  hacia o depósito de Augas Férreas con estacións de bombeo. Pero precisamente nos meses de estío o río Deva, no punto de captación, non leva auga suficiente. Ademáis os costes de mantemento e enerxéticos (con 45 unidades e motores eléctricos) desta Estación Potabilizadora de Auga serían inasumibles para a precaria situación do Concello.

O alcalde está traballando en varias alternativas de maior eficacia e rentabilidade que quere presentar á Xunta para solucionar o problema de desabastecemento nos meses de agosto e setembro.

A solicitude dun médico para o Centro de Valeixe foi outro dos asuntos que o Concello ten pendente coa Xunta e que hoxe o alcalde volveu a reivindicar por cuarta vez, xa que esta problemática afecta a 754 pacientes, a maioría con máis de 65 anos.

Na despedida o rexedor comunicoulle á nova delegada que existe a máxima disposición de colaboración entre o Concello e a Xunta de Galicia.