11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación de Pontevedra entra no Consello de Goberno da nova rede...

    A Deputación de Pontevedra entra no Consello de Goberno da nova rede local para a Axenda 2030

    Coa súa incorporación ao equipo directivo, a Deputación de Pontevedra revalida o seu liderado no marco da transición ecolóxica como eixo transversal de todas as súas políticas

    A Deputación de Pontevedra, veu  referendada hoxe a súa aposta irrenunciable polo medio ambiente e a transición ecolóxica como eixo transversal das súas políticas, coa súa elección como vocal, na figura da presidenta Carmela Silva, do Consello de Goberno da Rede de Entidades Locais para desenvolver os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 (REDODS) impulsada pola FEMP, unha Rede composta polos gobernos locais que se comprometen a localizar e aplicar os 17 ODS de forma transversal nas súas políticas.

    A Rede presidida polo alcalde de Palma, José Ila, celebrou hoxe a asemblea constitutiva que aprobou os nomeamentos do Consello de Goberno, o Plan de Traballo e orzamento anual así como as normas de funcionamento. Integra a un total de 167 entidades locais adheridas entre concellos, deputacións, consells e cabildos, que representan a máis de 16 millóns de persoas,

    A actividade está dirixida a favorecer a coordinación de actuacións entre os gobernos locais co fin de acadar mellores resultados na aplicación da Axenda 2030 en municipios e provincias e, nese senso, lles ofrece ferramentas para que alcancen os obxectivos. Amais, aportará pautas, información e propostas para facer fronte á crise provocada pola COVID-19, tendo moi presente unha das principais premisas da Axenda 2030: non deixar a ninguén atrás.

    Entre os obxectivos da REDODS está a promoción do coñecemento e sensibilización dos ODS nas entidades locais, así como o fortalecemento do papel estratéxico que estas entidades xogan no desenvolvemento da Axenda 2030 en España, promovendo o traballo en rede, o intercambio de experiencias e a procura de alianzas que impulsen políticas de cohesión a nivel local e unha adecuada articulación entre os ámbitos central, autonómico e local. Neste momento, o traballo cos gobernos locais en liñas de actuación trala crise sanitaria será outro dos fins prioritarios, a fin de dar unha resposta no territorio aliñada coa Axenda 2030.

    A adhesión da Deputación de Pontevedra á Rede, que foi aprobada este verán polo pleno da corporación, e a súa elección hoxe para formar parte do Consello de Goberno, supón un novo chanzo do compromiso por unha provincia sostible que ten a institución provincial, na que a axenda medioambiental e a igualdade marcan as políticas desde a entrada do actual Goberno hai cinco anos e constitúen a súa folla de ruta. De feito, a Deputación de Pontevedra alcanza actualmente un cumprimento ao 100% da Axenda 2030 cos programas e actividades en marcha relacionadas con cada un dos 17 ODS.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.