11.6 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránAberta a inscrición para a masterclass de Deborah J. Carter, estrela do...

    Aberta a inscrición para a masterclass de Deborah J. Carter, estrela do NigranJazz 2019

    O NigranJazz sempre va a máis. Consolidada como unha das citas imprescindibles do jazz a nivel nacional, o festival de Nigrán terá na cantante americana e educadora vocal Deborah J. Carter, a gran estrela da edición deste 2019. A cantante protagonizará a xa tradional masterclass do festival o sábado 27 ao mediodía no Auditorio Municipal de Nigrán (a artista actuará ás 22:30 no escenario do esteiro de A Foz). Os interesados en participar deben incribirse xa no correo info@folque.come abonar 15 € o mesmo día da clase.

    Esta clase maxistral é especialmente axeitada para cantantes pero tamén é recomendable para calquera músico ou simplemente ouvinte e afeccionado ao jazz. A sesión estará orientada ao ‘Scat’, técnica que popularizou Louis Armstrong e que consiste en improvisar melodías con sílabas sen sentido textual.

    Deborah J. Carter ten unha gran reputación como educadora, de feito é actualmente a profesora de voz de Musikene, o Conservatorio Superior do País Vasco. Ademais, realiza seminarios por todo el mundo dende hai máis de vinte anos, polo que resulta unha oportunidade única para os músicos e afeccionados da contorna.

    A masterclass do Nigranjazz forma parte da identidade do festival, xa que sempre se aproveita a presenza de músicos internacionais para que intercambien os seus coñecementos cos músicos locais, tendo sempre gran acollida.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.