13.4 C
Pontevedra
Martes, 30 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoAlumnado do San Xerome da Guarda visita o centro comunitario de compostaxe...

    Alumnado do San Xerome da Guarda visita o centro comunitario de compostaxe de Goián

    As mestras  e mestres composteiros do centro para persoas con discapacidade San Xerome Emiliani, de A Guarda,  visitaron o Centro Comunitario de Compostaxe de Goián. Os  técnicos do Concello de Tomiño puideron  intercambiar experiencias e aprendizaxes con  Ana María Losada, Carmen Verde, Enma Fernández, Fabio Martínez, Francisco José Costas, Generoso Pérez, Lourdes Fernández, Lucía Baz, María Penodjona, Maite Barros, Mercedes Rodríguez e Óscar Álvarez e con Marcio Fernández, Manuel Martínez e Olga Rodríguez e co profesor Guillermo Rodríguez Barreiro.

    Todos forman parte do proxecto XE-MENTE, que ten a compostaxe como parte  da  súa formación. “O acrónimo do proxecto xoga cunha dualidade: XE-MENTE é a unión de Xerome e semente, e ademais de valorizar o ecosistema autóctono, de forma simbólica, representa a primeira semente da diversidade plantada por San Xerome, para conseguir xerar un Horto de Plena Inclusión”, explicaron tras a visita.

    “Este proxecto xera novos perfís profesionais que contribuirán a crear empregos verdes inclusivos e a preservar a riqueza dun ecosistema auto-sustentable; favorecendo a valorización e preservación de especies autóctonas. Fermoso e útil proxecto. Moitas gracias a todos eles por acollernos na súa asociación e por visitarnos en Goián”, comentaron, pola súa banda, os mestres composteiros de Tomiño.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.