Venres, 9 Maio de 2025

Reabre o cíber da Biblioteca Municipal de Mos con cita previa

Será o luns 14 de setembro e débese chamar ao 986 338 080 para concertar a pertinente cita

Desde a concellería de Cultura de Mos, que dirixe a edil Sara Cebreiro, infórmase da reapertura do cíber sito na Biblioteca Municipal a partir do vindeiro 14 de setembro, luns, en horario de 10:00 horas a 21:00 horas.

Hai que recordar que o horario de apertura ao público do cíber, coincidirá co horario que xa viña tendo a Biblioteca Municipal de Mos.

As instalacións abriranse con todas as medidas de seguridade e prevención ante a COVID-19 pertinentes e, para elo, os/as usuarios/as interesados na utilización das mesmas deberán facelo tras ter solicitado cita previa telefónicamente, chamando ao número da biblioteca: 986 338 080.

Deste xeito, poderán asegurarse o número de postos e unha correcta desinfección dos mesmos entre os/as usuarios/as.