O Concello de Nigrán abre mañá ás 20:00 horas na Praza do Concello os festexos de San Fiz, patrón do municipio, co Paiaso Popín e a gran estrea de ‘O Estrano caso do dentista da rúa Brasov’, de Troula. As actividades infantís continuarán o venres 31 de xullo no mesmo horario e localización con Rey Midas e Valeria Varitas, que ofrecerán parte da maxia que regalaron por videoconferencia aos nenos de aniversarios durante o confinamento.
Xa no propio día de San Fiz, sábado 1 de agosto, as actuacións trasladaranse ao seu lugar orixinal, o Torreiro do Ceán, onde o Concello ofrecerá o concerto da Banda de Música de Vincios ás 13:00 horas e, como ven sendo tradición, estará acompañado de pulpeira. A programación remata co gran concerto ás 22:00 horas de ‘A Banda de A Loba’ dentro da súa xira ‘Fábrica de Luz’, o seu segundo traballo discográfico adicado a homenaxear á figura da ‘nai’ no sentido amplo do termo.
O quinteto xa estivera en Nigrán presentando o seu primeiro disco ‘Bailando as rúas’ e continúa coa súa aposta musical ecléctica na que ten cabida o folk, pop, rock e os ritmos latinos. As letras son case todas propias, firmadas polas irmás Andrea, Marcela e Lara Porto, tres poetisas precoces cun currículo inmenso de premios literarios. Ademais, o disco inclúe tamén dous poemas musicados de Rosalía de Castro, ‘Tecín soia’, e de Manuel María, ‘A casa’. Ademáis, varias das letras están inspiradas por outras autoras galegas que para o grupo son referentes, como Xela Arias, Celia Parra, Andrea Nunes ou María Victoria Moreno.
“Trátase do patrón do municipio e este ano será diferente por mor do Covid-19 pero non por elo deixamos de festexalo”, resume o rexedor, Juan González.
[su_image_carousel source=”media: 17993,17998,17997,17994,17995,17996″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]