
O Concello de Nigrán ten aberto o prazo de inscrición no mail [email protected] para participar no seus roteiros guiados desta semana dentro da súa programación #NigránEquilibrioNatural. O primeiro terá lugar este xoves día 16 polo río Muíños, con saída ás 10:00 horas da mañá desde a oficina de Turismo de Gaifar (Panxón). O segundo terá lugar o sábado 18, tamén con saída ás 10:00 horas, desde o Cemiterio de Camos e discorrerá polo sendeiro dos Matos, ao carón do río Táboas (zona do futuro parque forestal entre Camos e Chandebrito). En ambos casos as prazas están limitadas por indicacións sanitarias e se cubrirán por rigoroso orde de solicitude.