Sábado, 3 Maio de 2025

Os reis de España agradecen a invitación da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas

Felipe VI e Leticia Ortíz, "lamentan a suspensión do Corpus Christi de Ponteareas" e envían un "afectuoso saúdo" ás e aos alfombristas

Os reis de España Felipe VI e Leticia Ortíz, a través dun escrito enviado polo xefe do gabinete de planificación e coordinación da casa da súa Maxestade o Rey, Emilio Tomei de la Vega, e dirixido ao presidente da asociación de alfombristas do corpus Christi de Ponteareas Miguel Angel García Correa, “lamentan sinceramente a noticia da suspensión do Corpus Christi 2020” ao mesmo tempo que agraceden a invitación “para asistir á festividade do próximo ano”.

No seu escrito os reis de España desexan que o Corpus do vindeiro ano “constitúa unha nova demostración do gran talento que posúen os e as alfombristas de Ponteareas”, aos que envían “un afectuoso saúdo”.

“É este un cariñoso saúdo dos reis de España, e de animo para todos os alfombristas de Ponteareas, pola suspensión este ano da festa do Corpus Christi 2020”, sinala o presidente da Asociación de Alfombristas.

A misiva envidada pola Casa Real é a resposta a unha carta remitida polo presidente da Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas ás súas Maxestades informándolles da triste noticia motivada pola pandemia da COVID-19 e no que lle reiteraba unha vez mais “o desexo de que puidesen asistir persoalmente a esta celebración declarada de interese turístico internacional o próximo ano 2021”.