Domingo, 4 Maio de 2025

Nigrán facilita mamparas protectoras de metacrilato para o posto principal da Garda Civil no Val Miñor

O Concello de Nigrán facilitou hoxe ao Posto Principal da Guarcia Civil en Baiona tres mamparas de metacrilato deseñadas e confeccionadas a medida polo propio edil de Seguridade, Rubén Rial, quen se desprazou persoalmente esta mañá a instalalas na oficina especializada en violencia de xénero e na de demáis denuncias. Estas pantallas son unha efectiva medida de hixiene e protección ante o Covid-19 que beneficia tanto aos axentes como aos veciños de todo o Val Miñor que se teñen que desprazar ao cuartel a efectuar denuncias.

“Sabemos que os diferentes corpos e forzas de seguridade e o persoal sanitario son os colectivos máis expostos ao contaxio e desde o Concello de Nigrán estamos a colaborar en todo o que supoña mellorar a súa protección”, incide o alcalde, Juan González.