O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Bo Goberno, Transparencia e Participación Cidadá, Roberto Mera, mantiveron esta mañá no salón de plenos, e dacordo coas medidas de seguridade e prevención establecidas, un encontro co tenente da Garda Civil de Ponteareas, o xefe da Policía Local da localidade, así como o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros e o axente de policía deste concello.

A reunión enmárcase dentro do estado de alarma pola crise do covid19 a fin de establecer os mecanismos de coordinación en materia de seguridade cidadán e para asegurar o cumprimento por parte da poboación das obrigas recollidas no decreto que declara o estado de alarma así como outras normas e instrucións aprobadas polo Estado e a Xunta de Galicia.
Ambos corpos de seguridade, Garda Civil e Policía Local, están actuando coordinadamente no concello comprobando que se respectan as normas en vigor, especialmente as relativas ás actividades non permitidas e a circulación de persoas só nos casos permitidos.