Sábado, 3 Maio de 2025

Magnífico papel do PonteBike Team no ‘Open de España de Enduro’

O PonteBike Team de Ponteareas, presentado oficialmente hai pouco máis dunha semana, tiña xa a súa primeira cita esta pasado fin de semana en La Adrada, en Ávila, onde se disputaba a primeira proba do ‘Open de España de Enduro’ e a pasaba con nota. O equipo ponteareán desprazaba ata terras castelás aos seus corredores, da categoría junior, Ismael Romero Ucha e Pablo Porto Otero.

[su_image_carousel source=”media: 12299,12301″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Ismael Romero tiña unha carreira complicada xa que no segundo trámo rompía o cadro da bicicleta e, pese a iso e logo de facer unha reparación provisional, era quen de rematar segundo na primeira proba do ano e ao máis alto nivel, nunha proba na que participaban corredores chegados de toda a xeografía nacional.

Pola súa banda, Pablo Porto entraba nunha máis que meritoria 14ª posición, se se ten en conta que é o seu primeiro ano nesta categoría na que competía contra outros 22 corredores todos eles do máximo nivel.

O Club Pontebike Team, amosou xa a súa satisfacción e orgullo “do acadado na primeira proba disputada” e de poder darlles a oportunidade “a estes rapaces a que gocen da bicicleta e o mesmo tempo fagan un deporte que lles apaixona”.