Sábado, 10 Maio de 2025

Ultimas prazas para a excursión á estación de Alto Campoo que organiza o Concello de Nigrán

O prazo de inscrición amplíase ata o luns 24 de febreiro. O prezo é de 125 € para nenos e 160 € para adultos e inclúe transporte, dúas noites de hotel, comidas e forfait con seguro

O Concello de Nigrán organiza por segundo ano consecutivo unha excursión á estación de esquí de Alto Campoo (Cantabria) do 6 ao 8 de marzo e cuxo prazo de inscrición se amplía ata o luns 24 de febreiro (oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán de 9:00 h a 14:00 horas).

O prezo é de 125 € para nenos de ata 12 anos e 160 € para adultos; este inclúe transporte en autobús, dúas noites en hotel de tres estrelas, almorzo e ceas no hotel, comidas a pé de pista e dous días de forfait con seguro. De xeito opcional ofrécense clases de esquí (32 €) e aluguer do equipo (nenos 26 € e adultos 38 €).

A saída é en autoús dende a Casa do Concello de Nigrán o día 6 ás 16:30 horas e consta de chegada a Alto Campoo, reparto de habitacións e cea; o día 7 almorzo, esquí, comida a pé de pista excursión de tarde, regreso ao hotel e cea e día 8; almorzo, mañá de esquí, comida a pé de pista e regreso a Nigrán con hora prevista de chegada ás 22:00 horas.

Situada no vértice xeográfico do Val de Campoo, a estación ofrece unhas magníficas instalacións para a práctica do esquí e unha paisaxe inigualable para os amantes da montaña. A estación de esquí e montaña de Alto Campoo, con cumes que superan os 2.200 metros e con rutas como a de Pico Tres Mares, está considerada unha das mellores do cantábrico.