O Concello de As Neves porá en marcha dende o vindeiro mércores, día 29 de xaneiro, e durante un período de 6 meses un ‘Grupo de Alfabetización Funcional’, aberto a veciñas e veciños maiores de 25 anos e menores de 65, que quieran mellorar as súas “habilidades de lecto-escritura”, para poder entender unha factura, unha notificación do Concello ou unha comunicación do Servizo Galego de Saúde.
O grupo, que estará a cargo de especialistas da Asociación Avelaiña, terá dúas xuntanzas á semana, os luns e mércores, de 16 h a 17:30 h na Biblioteca Municipal. As persoas interesadas en asistir poden facer a inscrición chamando ao teléfono 986 667 134.

Compartir e Vivir
Do mesmo xeito, e dende principio deste ano, está en marcha ‘Compartir e Vivir’, unha serie de actividades, como manualidades, grupos de conversa, mellora da memoria, ou xogos, nas escolas e centros sociais de varias parroquias de As Neves.

Os horarios son na parroquia de Setados, os luns de 17-19 h; no mesmo horario, os martes, en As Neves; os mércores, na parroquia de San Cibrán, de 16 a 18 h. e na de Liñares, os xoves, tamén de 16 h a 18 h. Os grupos seguen abertos e as veciñas e veciños que queiran sumarse aos mesmos poden facelo chamando aos teléfonos 986 667 134 e 621 2686 30.