Tag: voces novas
A mocidade tomiñesa achega as súas ideas á mellora do campo da Feira
Tomiño quere converter o novo campo da Feira nun lugar de encontro feito por e para a mocidade. Para conseguilo o Concello conta unha vez máis coa colaboración do Consello da Infancia e Adolescencia, 'Voces Novas', que incorporará a súa voz aos traballos de recuperación deste espazo para facer del un lugar dinámico, onde a xente nova lle apeteza reunirse tanto para facer deporte como para gozar do contacto coa natureza.
A mocidade de Tomiño traslada as súas propostas á Xunta
O Consello da Infancia de Tomiño, Voces Novas, participou este xoves nunha reunión telemática promovida por UNICEF xunto con representantes de organismos homónimos de concellos galegos como Teo, Cabanas, Moeche, Redondela, O Porriño, Moaña e Castrelo de Miño. Alejandro Pereira e Alejandra Villa, representantes tomiñeses de 11 e 12 anos respectivamente, trasladaron xunto con outros 14 nenos e nenas as súas inquedanzas e propostas ao director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey Sastre.