16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: trail orixes

    O Trail Orixes Mondariz aspira a superar as 600 persoas inscritas na súa quinta edición

    O Goberno municipal, xunto a representantes da Asociación Deportiva Mondariz, presentou este venres 21 de abril o V Trail Orixes Mondariz, unha carreira de montaña que se consolida ano a ano e atrae a decenas de participantes de Galicia e fóra de Galicia.

    José Manuel Gil e Belén Rodríguez, gañadores do «Trail Orixes» na distancia de Maratón

    José Manuel Gil Bernárdez e Belén Rodríguez Vidal, proclamáronse vencedores da terceira edición do «Trail Orixes de Mondariz» na cateogría Maratón de 46 quilómetros. Pola súa banda, Alex Sanmartín González e Aroa Sío Seijo facían o mesmo na categoría de 26 quilómetros pechando o cadro de honra, Antonio Groba Pérez e Vanesa Villar Dieguez na categoría MiniTrail de 14 quilómetros.

    A gran demanda obriga a ampliar o número de prazas do «II Trail Orixes» de Mondariz

    A poucas horas de pechar o prazo de inscricións para a segunda edición do «Trail Orixes», case todas as prazas cubertas. A gran demanda que esperta este Trail, fixo que a organización decidira ampliar en 30 o número de prazas na modalidade de MiniTrail que pasa dos 200 a 230 participantes.

    Mondariz prepara a terceira edición do ‘Trail Orixes’

    Por terceiro ano consecutivo Mondariz acollerá a celebración do 'Trail Orixes', una proba que se celebrará o día 10 de novembro e que permitirá aos e ás participantes percorrer os montes e sendeiros do municipio combinando, dese xeito, o deporte e a posta en valor da riqueza natural e paisaxística de Mondariz.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.