26.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis

    Tag: romaría

    Baiona prepárase para a Romaría de San Cosme e San Damián

    Este luns, 25 de setembro, e o martes 26, festivo local, Baiona recupera a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián.

    A Guarda acolle este sábado a Romaría de Santa Trega

    O vindeiro sábado día 23 de setembro A Guarda acolle, un ano máis, a Romaría de Santa Trega, un evento de carácter relixioso e tamén festivo que congrega no Monte de Santa Trega a multitude de fieis e devotos da Virxe de Santa Trega.

    A Lamosa, en Covelo, celebra esta fin de semana a romaría do Libramento

    A parroquia da Lamosa celebra esta fin de semana a súa popular romaría na honra da Benaventurada Virxe María do Libramento. As familias xuntaranse no xantar popular que terá lugar o domingo día 10 ao mediodía. O bar Cuartel ofrecerá tamén comidas e haberá “pulpeiro” e posto de rosquillas.

    A parroquia de Piñeiro, en Covelo, celebra a romaría na honra da Virxe da Guía

    A parroquia de Piñeiro, en Covelo, celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe da Guía.

    Os veciños de Covelo reúnese para celebrar a romaría dea Xestosa

    Como cada último domingo de agosto centos de familias da zona e visitantes reúnense para celebrar a romaría da Xestosa, na parroquia de San Salvador de Prado, en Covelo.

    Baiona celebra a romaría da Virxe da Rocha

    Baiona atópase inmersa nos preparativos de prepraración dunha das súas romarías máis importantes do ano, a da Virxe da Roca.

    Salvaterra celebra a súa tradicional romaría na ermida de Monte Castelo

    A Asociación Cultural Santa Mariña de Pesqueiras, en Salvaterra de Miño, celebra o vindeiro 15 de agosto a tradicional Romaría a Monte Castelo na honra da Nosa Señora da Asunción, pondo así en valor a contorna.

    Baiona goza esta fin de semana da Romaría de San Cosme e San Damián

    Este sábado, 24 de setembro, o domingo 25 e o luns 26, festivo local, Baiona recupera a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián.

    Volve a romaría de San Roque a Arbo

    Arbo prepárase para celebrar, depois de dous ano máis, a Festividade de San Roque. Trátase dunha das citas máis importantes do denominado “Verán Cultural” e, sen dúbida, é un símbolo máis da importante oferta gastronómica e de lecer deste concello.

    Baiona celebrará esta fin de semana a romaría de San Cosme e San Damián

    O vindeiro venres 24 de setembro, festivo local, o sábado 25 e o domingo 26, Baiona recuperará a celebración da Romaría de San Cosme e San Damián.

    O serán e a acampada abren unha nova edición da Romaría da Picaraña

    A acampada scout a partir das 17 horas para todos e todas as maiores de once anos e o serán a partir das 21 horas, abrirán o programa de actividades programadas para celebrar a romaría da Picaraña. O concello de Ponteareas convida a toda a veciñanza a participar nas actividades...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.