Tag: puxeiros
Mos habilita amplia o espazo de estacionamento en Puxeiros
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, José Areal, informaron de que xa se pode aparcar na parcela alugada polo Concello para habilitala como aparcadoiro en Puxeiros.
A Deputación dá un novo impulso á estrada de Puxeiros
A Deputación de Pontevedra, que xa dispón dun convenio acordado co Concello de Mos para executar as obras do primeiro dos catro tramos da estrada provincial EP-2601 Mos-Puxeiros, deu hoxe un novo paso para continuar avanzando na transformación desta importante vía presentando o avance do proxecto do segundo tramo, que chegará ata Dornelas.
As obras na estrada de Puxeiros en Mos darán comezo cando o Concello asine o convenio
A Deputación de Pontevedra xa está en disposición de asinar o convenio co Concello de Mos para a licitación das obras do primeiro dos catro tramos para reformar a estrada provincial EP-2601 Mos-Puxeiros, de acordo co pactado cos responsables municipais e respondendo así a unha demanda histórica dos veciños e veciñas da zona.
Concello, Xunta e empresa buscan conxuntamente vías de traslado do aserradeiro de Puxeiros a outro lugar do municipio
Onte celebrouse no Concello de Mos unha reunión entre os xefes territoriais de Medio Rural e Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Antonio Crespo e José Manuel González, respectivamente, os propietarios do aserradeiro do Alto de Puxeiros, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o tenente alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Camilo Augusto, o edil de Urbanismo, José Areal; e tres técnicos deste útimo departamento municipal (enxeñeira, arquitecto e xurídico).
A Deputación acomete obras de emerxencia na EP Mos-Puxeiros para reparar un tramo danado por infiltracións de auga
A Deputación está a acometer obras de emerxencia para reparar un tramo curvo, situado no Km 3 da estrada provincial EP-26001 Mos-Puxeiros, onde se estaba a producir un afundimento do firme e a afectación do muro de contención.