15 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: premio princesa de asturias

    A Asociación de Alfombristas de Ponteareas apoia a candidatura do mestre Rogelio Groba ao premio Princesa de Asturias das Artes

    A Asociación de Alfombristas do Corpus Christi de Ponteareas vén de amosar o seu apoio á candidatura do mestre ponteareán, Rogelio Groba ao Premio Princesa de Asturias das Artes, un galardón que promove e difunde o patrimonio universal dos valores científicos, culturais e humanísticos. O Premio "sería un extraordinario recoñecemento para unha persoa que, como o mestre Rogelio Groba, manifestou ao longo de toda a súa vida un exhaustivo coñecemento e un profundo amor pola cultura musical, tanto polo seu recoñecemento no plano nacional, como para a difusión da súa riqueza patrimonial no exterior".

    O Concello de Ponteareas apoia a candidatura do Mestre Rogelio Groba aos Premios Princesa de Asturias das Artes

    O Concello de Ponteareas amosa a súa satisfacción diante da candidatura do Mestre D. Rogelio Groba Groba aos Premios Princesa de Asturias das Artes 2021, e fai público o seu apoio ante o que consideran un merecido e xusto recoñecemento. “A proposta supón un gran recoñecemento para o Mestre Groba, fillo predilecto de Ponteareas, é a máxima expresión da creación musical galega co catálogo de obras máis amplo e recoñecido de Galicia”, sinalou o alcalde ponteareán, Xosé Represas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.