9 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis

    Tag: ponte

    Tomiño restaura a ponte medieval de Sobrada

    O Concello de Tomiño vén de recuperar a antiga ponte medieval situada entre as parroquias de San Salvador de Piñeiro e San Salvador de Sobrada, construída sobre o río Furnia.

    Exposición conmemorativa do 135 aniversario da vella ponte internacional Tui-Valença

    O Concello de Tui conmemora cunha exposición o 135 aniversario da vella Ponte Internacional Tui-Valença. A mostra achega información sobre esta histórica infraestrutura que supuxo un antes e un despois nas comunicacións, non só entre Tui e Valença, senón entre Galicia e Portugal.

    As obras de reparación e reforzo da ponte de Mondariz estarán rematadas no primeiro trimestre de 2021

    A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, avanzou hoxe que as obras de reparación e reforzo da seguridade na ponte de Mondariz estarán rematadas no primeiro trimestre do ano 2021 logo dun investimento da Xunta de 1,4 millóns de euros.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.