10.5 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: pcr

    Galicia conta cun sistema múltiple para a detección das novas variantes do virus da Covid

    A directora xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, Carmen Durán Parrondo, informou hoxe, no Parlamento de Galicia, que Galicia dispón de técnicas PCR para a determinación indirecta das novas variantes e de capacidade de secuenciación xenómica.

    6 farmacias de Mos farán test de saliva para detectar a Covid-19

    As 6 farmacias mosenses, a de Mos, Puxeiros, Rebullón, Peinador, Sanguiñeda e Pereiras, comezaron hoxe a relizar o seu cribado para detectar a COVID-19. Desde as farmacias lembran que os tests poderán ser realizados por persoas de 40 a 65 anos que deberán acudir persoalmente e aportar DNI e tarxeta sanitaria.

    O PP de Tomiño celebra o traslado dun dispositivo do Sergas para seguir co cribado no centro de saúde do municipio

    O portavoz do PP de Tomiño, Esteban González, celebra a decisión da Xerencia do SERGAS de trasladar, a petición dos populares, o cribado poblacional para detectar casos de Covid-19. Segundo sinala o concelleiro popular, a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo comunicoulle por chamada telefónica na mañá deste martes "que mañá mércores trasladarán a centro de saúde de Tomiño un dispositivo do SERGAS para seguir co cribado poblacional".

    Cribado voluntario masivo PCR O Rosal

    Ante a alta incidencia acumulada da Covid-19 no Rosal nos últimos días, o Concello propuxo ao Servizo Galego de Saúde a realización dun cribado masivo voluntario a través de probas PCR que permita identificar a positivos asintomáticos dos que non se teña constancia e axudar así a reducir a propagación do virus.

    O Concello de Tomiño agradece a xenerosidade da veciñanza pola alta participación no cribado

    Como medida para afrontar a alta incidencia que o municipio viña presentando durante as últimas semanas nunha tendencia ascendente, o Concello de Tomiño propuxo ao Servizo Galego de Saúde a realización dun cribado masivo voluntario a través de probas PCR.

    A insistencia da alcaldesa de Redondela consegue que Sanidade inicie a realización dun cribado de probas PCR á veciñanza

    O Concello de Redondela recibiu hoxe a comunicación oficial da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo sobre o inicio dun cribado de probas PCR á veciñanza do municipio que se realizarían tanto no hospital Álvaro Cunqueiro coma no do Meixoeiro. Trataríase de probas que se practican sen necesidade de saír do coche e cun alto grao de fiabilidade, polo que “permitirán coñecer a situación do alcande da pandemia no noso municipio”, asegurou a alcaldesa Digna Rivas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.