19.6 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Xullo de 2024
Máis

    Tag: parque móbil

    Ponteareas incorpora dous furgóns ao seu parque móbil

    O Concello de Ponteareas reforza o seu parque móbil coa incorporación de dous novos vehículos cos que seguir actualizando e mellorando a atención dos distintos servizos públicos ao tempo que se camiña cara a unha mobilidade menos contaminante e máis sostible.

    O Concello de Oia incorpora un novo camión multiusos

    O Concello de Oia vén de incorporar un novo camión multiusos para a recollida de residuos sólidos urbanos e restos vexetais procedentes de desbroces e limpeza de vías públicas; unha actuación que busca mellorar a calidade deste servizo. A compra deste vehículo supuxo un investimento superior aos 44.000 por parte da Administración local.

    O BNG do Porriño considera “innecesarios” vehículos de alta gama para servizos municipais

    O BNG do Porriño, que considera que o parque de vehículos dos servizos municipais de obras, xardinería e mantemento "precisaba dunha renovación" puntualiza que os prezos e as necesidades marcadas polo Concello na redacción dos pregos de condicións, "son superiores ás verdadeiramente necesarias".

    O Porriño recibe os novos vehículos para o Parque Móbil Municipal

    Este mediodía, e coa presenza da concelleira de Seguridade e Facenda, Lourdes Moure e o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal, realizouse o acto formal de entrega dos novos vehículos do Parque Móbil Municipal aos diferentes servizos do Concello do Porriño, dentro da operación de renovación que acometeu o goberno local.

    O Porriño renova o parque móbil municipal

    O Goberno Municipal do Porriño licitou a renovación total do parque móbil do Concello mediante o sistema de 'renting' para garantir a seguridade dos vehículos e dos traballadores municipais empregando criterios de eficiencia enerxética e aforro do gasto público. A operación rematou esta semana coa firma dos contratos cunha vixencia de 4 anos.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.