Tag: mozambique
Rematan as «Vacacións con Traballo» en Mozambique dun técnico ambiental do Concello de Redondela
Jesús Bravo, técnico medioambiental do Concello de Redondela vén de rematar a súa estancia dun mes en Mozambique, tempo no que estivo asesorando aos parceiros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade en materia de xestión do lixo.
Chega á Guarda a exposición do Fondo Galego sobre Dereitos Humanos en Mozambique
A Casa dos Alonso acolle a partir do luns 4 de novembro a exposición 'Dereitos Humanos en Mozambique: acompañando a mellora da saúde e a educación desde a cooperación municipalista', promovida polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que é socio o Concello da Guarda. A mostra ofrecerá ata o 22 de novembro unha panorámica dos proxectos de desenvolvemento apoiados no país lusófono