Tag: luneda
A Cañiza repartirá entre os centros escolares do municipio o libro «Santa María de Luneda, historia dunha igrexa sanjuanista»
O pasado mércores o alcalde da Cañiza, Luís Piña, recibiu no Concello a visita do párroco de Luneda, Luís Manuel González Piñeiro, autor do libro «Santa María de Luneda. Evolución arquitectónica dunha igrexa sanjuanista». Trátase dunha pequena pero detallada obra, impresa agora polo autor en formato de libro, que fora publicada xa o pasado mes de novembro de 2021 na revista de estudos tudenses « Castelum Tide», na súa edición nº 7.