21.6 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: instituto de estudos miñoranos

    O Baiverán ofrece unha xeira sobre as ‘Orixes do Monasterio de Oia. Ermitaños en San Cosme’ a cargo de Anxo Rodríguez Lemos

    Dentro das actividades que ofrece este verán o Concello de Baiona dentro da súa axenda cultural Baiverán, atópanse catro roteiros guiados organizados polo IEM (Instituto de Estudos Miñoranos) que permitirán ás persoas participantes coñecer o patrimonio de Baiona e a súa contorna da man de expertos.

    Baiona recoñece a traxectoria e traballo do Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da ‘Medalla de Ouro’ do Concello

    O Concello de Baiona homenaxeou onte venres ao Instituto de Estudos Miñoranos coa entrega da 'Medalla de Ouro', distinción coa que se quere recoñecer a traxectoria do IEM a favor da cultura do Val Miñor e que foi acordada por unanimidade pola Comisión de Honras e Distincións do Concello que preside Carlos Gómez.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.