21.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis

    Tag: instalacións deportivas

    O Concello investiu 1,1 millóns de euros na mellora das instalacións deportivas de Tomiño

    O Concello de Tomiño continúa coa súa aposta estratéxica polo deporte no municipio, tanto polos clubs consolidados e polos deportistas individuais como polo deporte de base. Neste camiño, o Goberno municipal investiu 1,1 millóns de euros nas diferentes instalacións deportivas do concello, espazos que cada día son empregados por centos de deportistas tomiñeses e tomiñesas das máis variadas disciplinas, dende fubtol ata judo, piragüismo, patinaxe, boxeo, skate, calistenia, tenis ou atletismo, entre moitas outras.

    O Goberno local redondelán reafirma a súa aposta polo deporte e pola mellora das infraestruturas deportivas

    O Goberno local de Redondela, a través da Concellería de Deportes que xestiona Nacho González, vén de rematar os traballos de mellora e recuperación da pista e das bancadas do pavillón do CEIP de Porto Cabeiro, instalación de titularidade municipal e que, fora das horas lectivas, é utilizado por diferentes clubs deportivos da parroquia.

    O Concello de Tui continúa co plan de aforro enerxético nas instalacións deportivas

    Dende o ano pasado e seguindo o plan de aforro enerxético establecido polo Concello de Tui, estase substituíndo a iluminación nas instalacións deportivas municipais con luminarias led, o que permitirá un aforro considerable no custe eléctrico anual. O Campo Municipal de Fútbol 'Álvarez Durán', de céspede sintético, súmase ao Pavillón Deportivo Municipal Novo, aos Pavillóns Deportivos do IES San Paio, do CEIP de Guillarei e da Macoca, nesta tecnoloxía. O Pavillón Deportivo Municipal Vello será o próximo en contar con esta iluminación.

    Tomiño realiza labores de adecuación nas instalacións deportivas

    O Concello realizou labores de adecuación nas instalacións do Club Deportivo Miño-Teixugos, no complexo deportivo do Mosteiro e no pavillón de deportes de Goián

    O Concello de Tui prepara as instalacións deportivas municipais para o inicio da tempada

    O Concello de Tui ven realizando distintas labores de mantemento nas instalacións deportivas municipais pese a que o inicio da temporada dos deportes de equipo non está clara, debido a pandemia da Covid-19.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.