12 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: ies salvaterra de miño

    O IES Salvaterra do Miño pon en marcha un programa contra o acoso escolar

    Onte venres 5 de novembro tivo lugar, no IES Salvaterra de Miño, a presentación das parellas TEI. O acto contou coa presenza da alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e o presidente da ANPA do centro educativo, Marcelo Sánchez, ademais da dirección, membros do equipo de convivencia e profesorado do centro.

    Fernández-Tapias supervisa as obras de ampliación do IES Salvaterra de Miño que contan cun investimento de 587.000 euros

    A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, cifrou hoxe en máis de 3,1 millóns de euros as obras en execución en un total de nove centros de ensino público da área territorial de Vigo. A representante autonómica fixo estas declaracións coincidindo cunha visita ás obras de ampliación do IES Salvaterra do Miño, xunto á alcaldesa Marta Valcárcel, e acompañada polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, César Pérez Ares.

    «Salvaterra sen barreiras» ou como permitir a mobilidade de persoas con discapacidade visual e motora

    O IES Salvaterra de Miño fixo entrega ao Concello de Salvaterra de Miño dun estudo titulado 'Salvaterra sen barreiras', sobre a mobilidade de persoas con discapacidade visual e motora no casco urbano de Salvaterra de Miño. A iniciativa desenvolveuse dentro do Proxecto Erasmus + KA3, ACT (Active Citizenship Projects to Enhance Pupils Social and Civic Competenced), un proxecto de Cidadanía Activa para mellorar as competencias social e cívica.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.