Tag: gala do turismo
A Guarda presente na Gala Anual da Deputación
O pasado mércores 24 marzo celebrouse no Auditorio Mar de Vigo a Gala Anual da Deputación de Pontevedra onde foron nomeados aos sete restaurantes Estrela Michelin da provincia como embaixadores de Rías Baixas.
A Gala do Turismo transforma o ‘Mar de Vigo’ nun gran espectáculo visual e musical para apoiar ao sector e normear embaixadores aos ‘Estrellas Michelín’
Todo un espectáculo visual e musical no que o sector turístico da provincia de Pontevedra foi o verdadeiro protagonista. A Gala Provincial do Turismo da Deputación regresou esta tarde ao Auditorio Mar de Vigo cunha vangardista cerimonia na que se viviron momentos especiais de principio a fin. Os “Momentos Rías Baixas” son o eixo da campaña 2021 da Deputación, e a actriz Celia Freijeiro encargouse de levar ao público por unha viaxe case onírica pola provincia a través de instantes únicos, lugares máxicos e pequenas e grandes experiencias.