20.9 C
Pontevedra
Sábado, 27 de Xullo de 2024
Máis

    Tag: francisco represas carrera

    A Banda de Música Xuvenil de Xinzo renova a súa xunta directiva

    Respectando as medidas sanitarias impostas pola Xunta de Galicia, a Asemblea Extraordinaria da Banda de Música Xuvenil de Xinzo levou a cabo o cesamento da anterior directiva, que viña traballando desde o ano 2017, e acordouse a renovación da mesma en funcións ante a falta dunha nova candidatura.

    A Banda de Xinzo pecha 2018 cunha eficaz xestión da súa directiva

    A Banda de Música Xuvenil de Xinzo (Ponteareas) celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria o pasado sábado 23 de marzo, no Auditorio do Centro Cultural de Xinzo. Nela aprobáronse, entre outras cuestións, o balance económico do pasado ano 2018 cun importe positivo de 54.000 euros, e o orzamento deste...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.