20.5 C
Pontevedra
Mércores, 9 de Outubro de 2024
Máis

    Tag: estourazo

    ‘O Estourazo’ homenaxeará á Agrupación Gaiteira de Salceda polo seu décimo aniversario

    O vindeiro sábado 17 de xullo, Salceda celebrará o tradicional Estourazo co que se dá o pistoletazo de saída ás Festas do Cristo e coa Agrupación Gaiteira de Salceda como colectivo homenaxeado. Serán polo tanto as persoas integrantes desta agrupación as encargadas de disparar o foguete.

    Un ‘Estourazo’ de Salceda con sabor a gratitude ao homenaxear o traballo da Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil

    "A homenaxe deste ano era obrigada para o grupo de Protección Civil" aseguraba a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira ao anunciar que a Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Salceda sería o encargado para dar, este ano, o pistoletazo de saída no 'estourazo' que marca o inicio das Festas do Cristo que, como todo, estarán marcadas pola pandemia do coronarivus.

    O Ameixoa F.C. protagonizará o ‘Estourazo’ de Salceda de Caselas

    O Ameixoa F. C. é o colectivo escollido este ano para dar o pistoletazo de saída ás festas do Cristo de Salceda. A cita será o vindeiro sábado 20 ás 22:00 horas no balcón da Casa da Cultura Castelao, donde os compoñentes do club serán os encargados de disparar o xa...

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.