14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis

    Tag: desenvolvemento económico

    EcDesign gaña o concurso de desenvolvemento de solucións innovadoras da Deputación cunha proposta de sostibilidade

    O proxecto de creación dunha páxina web, “Kukuza”, dirixida a amosar e recoñecer o esforzo das empresas en prol da sostibilidade, foi a proposta coa que o equipo EcDesign, de A Guarda, formado por Luis Eduardo Castro, Jarol Meléndez, Leticia Correa e Genoveva Sousa, se fixo co primeiro premio do concurso Desenvolvemento de Solucións Innovadoras a Retos, organizado pola Deputación de Pontevedra a través de SmartPeme.

    Ata o 3 de xuño estará aberto o prazo para solicitar as axudas do programa Reactiva Tui II

    Até o 3 de xuño poderanse solicitar as axudas do programa Reactiva Tui II do Concello de Tui. Teñen por obxectivo paliar o impacto na actividade económica que supuxo o peche perimetral de Tui a través da aportación de liquidez ás empresas e autónomos da cidade. O Concello de Tui destina a estas axudas 238 mil euros, dos que 190 mil son de fondos propios e 48 mil foron aportados pola Deputación de Pontevedra.

    Concello de Ponteareas e Zona Franca traballarán na realización dun plan estratéxico para impulsar o desenvolvemento económico local

    O Consorcio da Zona Franca abre as portas a realizar un plan estratéxico para Ponteareas, que lle permita analizar o tecido económico e empresarial e tomar decisións para impulsar o municipio e a súa comarca tras a pandemia. Así se desprende da reunión mantida pola concelleiras socialistas de Emprego e Formación, Vanesa Fernández; e Vías e Obras, Chus Garrote; co delegado do Estado, David Regades, nas instalacións de Zona Franca en Vigo.

    A Deputación reafirma a súa aposta polo turismo destinando 200.000 euros para unha “potente campaña de comunicación e promoción” no 2021

    Consciente de que “estamos nun momento moi complicado para o sector turístico” pero tamén “optimista, vendo que parece que vai haber vacinas”, a presidenta da Deputación anunciou esta mañá a aprobación do proceso de contratación do servizo de xestión integral da campaña anual de comunicación e promoción turística do destino Rías Baixas 2021 que terá un investimento de 200.000 €. “Queremos ter todo en marcha –dixo Carmela Silva– adiantarnos e avanzar rápido para estar preparadas e preparados”.

    Redondela e Zona Franca ultiman un convenio de colaboración

    Nun encontro mantido na mañá do venres, 11 de outubro, entre a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca, David Regades, analizáronse as posibles vías de colaboración para poñer en marcha accións que favorezan o desenvolvemento económico da comarca.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.