17.2 C
Pontevedra
Martes, 3 de Outubro de 2023
Máis

    Tag: conquistadoras

    ‘Conquistadoras’ chegará a Cesantes mañá 3 de maio para quedar exposta durante todo o mes no paseo marítimo

    Unha vez rematado o seu tempo de exposición no paseo marítimo de Chapela, a mostra Conquistadoras, poderá ser visitada no paseo marítimo de Cesantes a partir do vindeiro 3 de maio onde quedará instalada durante todo o mes. A mostra continua, deste xeito, o seu percorrido polas parroquias de Redondela e cumprindo un dos seus obxectivos que non é outro que dar a coñecer á cidadanía o valor desas mulleres que deixaron patente a importancia do papel da muller na sociedade ao longo do tempo.

    ‘Conquistadoras’ chega a Chapela para permanecer, no paseo marítimo, ata finais abril

    A exposición 'Conquistadoras', que durante todo o pasado mes de marzo estivo instalada na Alameda Castelao, chegou hoxe a Chapela para permanecer no Paseo Marítimo ata finais deste mes de abril. 'Conquistadoras' amosa a historia do esforzo de moitas mulleres que, dende o seus ámbitos de vida persoais e profesionais, foron quen de 'conquistar' o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles.

    Digna Rivas, “homenaxeamos ás mulleres que foron quen de conquistar o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles”

    “A exposición 'Conquistadoras' quere amosar nas rúas de Redondela a historia do esforzo de moitas mulleres que, dende o seus ámbitos de vida persoais e profesionais, foron quen de 'conquistar' o dereito a ser elas sen necesidade de pedir o permiso deles”, afirmou a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na apertura oficial da exposición que quedará instalada durante todo o mes de marzo na Alameda Castelao.

    Redondela inaugura o sábado 6 a exposición «Conquistadoras»

    O Concello de Redondela inaugurará, este vindeiro sábado 6 de marzo, ás 12 horas fronte á Casa do Concello, a exposición 'Conquistadoras' unha mostra que busca poñer en valor, a través de nomes e caras de mulleres galegas, o esforzo que fixeron por abrir camiños antes pechados á muller e a súa loita por acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria.

    LIBROS

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.