Tag: clima
A Deputación súmase ao proxecto impulsado pola Rede Española de Cidades polo Clima da FEMP para calcular a pegada de carbono
A Deputación de Pontevedra vén de adherirse ao proxecto de “Cálculo de pegadas de carbono e proxectos de absorción” que está a impulsar a Rede Española de Cidades polo Clima da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Oia ultima o seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable
O Concello de Oia está a ultimar a redacción do seu Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), un documento onde se inclúen medidas para frear o cambio climático e reducir a pegada de carbono, converténdose deste xeito nun municipio respectuoso e concienciado co medio ambiente.
Arbo Recibe 4.000 euros para elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES)
O Concello de Arbo ven de recibir por parte da Consellería de Medio ambiente, Territorio e Vivenda a notificación da resolución da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda pola que se conceden as axudas convocadas pola Orde do 5 de maio de 2020, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, que vai destinada a asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES), por un importe de 4.000 €.
Ponteareas deseña os primeiros compromisos co planeta
A media mañá do venres, alumnado de todos os centros educativos de secundaria de Ponteareas achegouse ao Concello para concentrarse, chamar a atención sobre a crítica situación do planeta e reunirse coa concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, que os convidou a sentarse no salón de plenos e estudar os primeiros compromisos que mocidade e concello van adquirir para protexer o planeta.
A Deputación de Pontevedra envórcase coa Semana Global de Acción polo Clima
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto á deputada de Transición Ecolóxica, Iria Lamas, presentou esta mañá a axenda 'A provincia que queres é sostible' creada con motivo da Semana Global de Acción polo clima, que terá lugar entre o 20 e o 27 de setembro.