Tag: choco de redondela
Últimos día para que os establecementos de hostalería formalicen a inscrición nas ‘Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela’
O vindeiro 19 de abril, ás 14 horas, pecharase o prazo para que os establecementos hostaleiros de Redondela poidan formalizar a súa inscrición nas 'Xornadas Gastronómicas Choco de Redondela'. Tanto as bases como o formulario de solicitude poden consultarse na páxina web do Concello, http://redondela.gal/.
O choco de Redondela, marca de calidade
A Confraría de Pescadores de Redondela abre a campaña do seu produto estrela baixo a marca de calidade “Choco de Redondela”. Son varias as medidas que tomará a Confraría para asegurar a trazabilidade do seu produto, un novo sistema integral de valoración que asegurará unha marca de orixe, calidade e sostibilidade.