19.6 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Setembro de 2023
Máis

    Tag: cervexa artesá

    Dende o xoves, A Ramallosa acolle o Festival da Cervexa Artesana con preto de 70 tipos diferentes á venda

    As principais marcas de cervexa artesana de Galicia, unidas a dúas de Madrid e outra do Bierzo, volven a protagonizar desde este xoves 12 de agosto ata o domingo 15 na Alameda de A Ramallosa a quinta edición do ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival de toda a comarca adicado á súa degustación e na que estará presente a cervexa creada o ano pasado pola empresa local Trisk-Ale baixo o nome ‘Nigrán, equilibrio natural’ (como novidade, esta marca local presenta unha cervexa IPA sen glute).

    Baiona propon catro días de cervexa artesá, música e comida na ‘I Festa da Cervexa Artesá de Baiona «A Pinta»’

    Case 40 clases de cervexa ao alcance de calquera que se achegue ao Parque da Palma entre o vindeiro xoves, 24 de xuño, e o domingo, 27. Esa é a interesante proposta da 'I Feira da Cervexa Artesá de Baiona «A Pinta»', organizada polo Concello de Baiona –a través da Concellería de Cultura–, e a Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns.

    Dende o xoves A Ramallosa énchese de música e cervexa artesá nunha nova edición do ‘Val Miñor Fest’

    As principais marcas de cervexa artesana de toda Galicia, unidas a unha de Madrid e outra do Bierzo, volven a protagonizar desde este xoves 20 ata o domingo 23 na Alameda de A Ramallosa a cuarta edición do ‘Val Miñor Fest’, o primeiro festival de toda a comarca adicado á súa degustación e na que estará presente a cervexa creada este verán pola empresa local Trisk-Ale baixo o nome ‘Nigrán, equilibrio natural’.

    A Alameda da Ramallosa volve a ser escenario do ‘Val Miñor Fest’

    O Concello de Nigrán acolle dende o xoves 15 de agosto ao domingo 18 a terceira edición da Feira da Cervexa Artesá de Nigrán 'Val Miñor Fest', na Alameda da Ramallosa. Os asistentes poderán degustar case 70 tipos de cervexas artesás diferentes o longo dos catro días, contando con cervexeiros artesáns vidos dende diferentes partes de Galicia e algún invitado de fóra.

    LIBROS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.