16.8 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: cargadoiro coto wagner

    Os informes técnicos avalan a viabilidade da recuperación do cargadoiro de Coto Wagner

    Os traballos de reparación estruturais do cargadoiro de Coto Wagner, “son técnicamente viables” e a estrutura principal metálica e os elementos de formigón armado “poden rehabilitarse co fin de darlle un uso ao marxe do inicial do cargadoiro”.

    Redondela opónse ao derrubo do antigo cargadoiro de Coto Wagner

    O Concello de Redondela vén de amosar a firme intención de “utilizar todos os recursos legais de que dispoña o Consistorio para evitar que por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, se prive aos veciños e veciñas de Redondela dun símbolo do patrimonio industrial do municipio como é o antigo cargadoiro de mineral de Coto Wagner, en Rande”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.