7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: campo da feira

    O Campo da Feira de Tomiño trasnfórmase nun espazo de referencia da vila

    Tomiño continúa dando pasos na recuperación do espazo público para uso e desfrute da veciñanza. Neste camiño, o Concello completou a transformación do Campo da Feira nunha área moderna e contemporánea coa creación dun espazo de referencia da actividade social e saudable.

    Tomiño goza xa do novo parque do Campo da Feira

    Nenos, mozos e maiores desfrutan xa estes día do renovado parque do Campo da Feira, un espazo deseñado para promover a convivencia, a estancia e o lecer da veciñanza nunha contorna segura e agradable.

    Tomiño adxudica obras para a ampliación da área de preferencia peonil

    O Concello de Tomiño vén de adxudicar as obras de “Integración do Campo da Feira no espazo público peonil do núcleo do Seixo”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.