11.4 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: bugarín

    Ponteareas acometerá melloras no vial de subida a Santa Cristina de Bugarín

    O Concello de Ponteareas vén de sacar a licitación as obras de asfaltado e ampliación da calzada do vial de subida a Santa Cristina de Bugarín, que incluirán varias actuacións complementarias que suporán “unha importante mellora nesta zona”.

    O PP de Ponteareas solicita melloras no proxecto de asfaltado e ampliación da subida a Santa Cristina de Bugarín

    O Grupo Municipal do PP en Ponteareas vén de solicitar por escrito ao Goberno local unha serie de melloras no proxecto de asfaltado e ampliación da subida a Santa Cristina de Bugarín. Consideran os populares que o proxecto, “conta con graves deficiencias que poderían emendarse antes de proceder co asfaltado”.

    As comunidades de montes de Arcos e Ponteareas piden explicacións á Xunta pola falta de medios no incendio de Bugarín

    As Comunidades de Montes de Ponteareas e Arcos remitiron un escrito á Consellaría do Medio Rural pedindo explicacións pola falta de medios e descoordinación no incendio que se iniciou a pasada semana en Bugarín e que ameazou o monte veciñal das dúas parroquias na Picaraña. Segundo explican os comuneiros, no frente que avanzaba cara o monte da Picaraña se personaron sobre as 20 horas medio cento de persoas voluntarias de ambas as dúas comunidades, con batelumes e mochilas sulfatadoras de auga.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.