Tag: asefoga
A Deputación achega 40.000 euros a ASEFOGA para impulsar a produción de mel ecolóxico
A Deputación de Pontevedra achegará 40.000 € á Asociación Sectorial Forestal Galega, ASEFOGA, para a realización dun programa formativo sobre a xestión e boas prácticas nos apiarios para o impulso da produción de mel ecolóxico.
Nigrán acolle, o martes, unha xornada técnica sobre o cultivo de froitos do bosque
Técnicos agrícolas da Asociación Forestal Galega (ASEFOGA) ofrecerán este martes de 19:00 h a 21:00 horas no local social de Chandebrito (rúa do Turreiro, 4) unha xornada técnica sobre o cultivo de froitos do bosque en Galicia a tenor, precisamente, da plantación piloto realizada en terreos da Comunidade de Montes Chandebrito grazas a un convenio coa Deputación de Pontevedra no que colabora o Concello de Nigrán.