21.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: arcos

    As Comunidades de Montes de Arcos e Ponteareas lamentan que “Medio Rural falta á verdade respecto ao lume forestal de Bugarín

    As Comunidades de Montes de Ponteareas e Arcos acusaron a Medio Rural de faltar á verdade respecto ao acontecido no incendio de Bugarín o pasado día 10. Segundo os comuneiros, "a Xunta manipula a información cando rebate as acusacións e fai unha relación de medios despregados no lume". “Claro que houbo medios no incendio, –aseguran os comuneiros e comuneiras– pero actuando noutros puntos do mesmo. Porén a fronte do lume que avanzaba cara a Picaraña quedou por completo desatendida".

    As comunidades de montes de Arcos e Ponteareas piden explicacións á Xunta pola falta de medios no incendio de Bugarín

    As Comunidades de Montes de Ponteareas e Arcos remitiron un escrito á Consellaría do Medio Rural pedindo explicacións pola falta de medios e descoordinación no incendio que se iniciou a pasada semana en Bugarín e que ameazou o monte veciñal das dúas parroquias na Picaraña. Segundo explican os comuneiros, no frente que avanzaba cara o monte da Picaraña se personaron sobre as 20 horas medio cento de persoas voluntarias de ambas as dúas comunidades, con batelumes e mochilas sulfatadoras de auga.

    Arcos, primeira experiencia de compostaxe individual de Ponteareas

    A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo, e o concelleiro do Medio Rural, Roberto Mera, xunto a varios técnicos, presentaron onte na parroquia de Arcos o programa de compostaxe individual que se acaba de implantar nesta parroquia ponteareán, no marco do programa Revitaliza impulsado e financiado pola Deputación.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.