7.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Decembro de 2023
Máis

    Tag: aplicación móbil

    Redondela dá un paso máis cara o futuro coa contratación dos traballos para a realización dunha Axenda Dixital

    O Concello de Redondela, a través da Concellería de Novas Tecnoloxías, que xestiona Olga García Ballesteros, vén de adxudicar á empresa Cinfo Contenidos Informativos Personalizados, a contratación da creación dunha Axenda Dixital, traballos que contarán cun orzamento de 11.616,00 € (IVE incluído).

    Charla informativa en Mondariz sobre un curso de desenvolvemento de aplicacións móbiles

    O Concello de Mondariz acollerá o próximo 14 de xaneiro, ás 10:00 horas na biblioteca municipal, unha charla informativa sobre un curso de desenvolvemento de aplicacións móbiles enmarcado no proxecto Ti© Emprendes da Deputación de Pontevedra, que conta con cofinanciación do Fondo Social Europeo.

    Nigrán facilitará o emprego das prazas de aparcamento para discapacitados mediante unha novidosa aplicación móbil única en Galicia

    O Concello de Nigrán dará un paso máis no seu proxecto 'Un Nigrán para todos' de eliminación de barreiras físicas e cognitivas facilitando o emprego das prazas de aparcamento habilitadas para persoas discapacitadas mediante unha novidosa aplicación móbil única en Galicia e que en España só funciona en Beasain (País Vasco).

    O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal “O Porriño Informa” a través dunha aplicación para o móbil

    O Concello pon ao dispor da veciñanza un novo servizo municipal denominado “O Porriño Informa”. Trátase dunha app de comunicación bidireccional entre Concello e os cidadáns. “O Porriñó informa” é unha aplicación para teléfonos móbiles que notifica aos veciños e vecinas sobre bandos, anuncios, noticias e información do Concello de xeito inmediato a través do teléfono móbil.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.