Tag: agroalimentación
A Fundación Juana de Vega organiza unhas xornadas sobre agromárketing na EFA A Cancela das Neves
Os próximos luns, 10 e martes, 11 de xuño, a Fundación Juana de Vega organiza as xornadas "Claves do agromárketing" na EFA A Cancela Centro de Formación Profesional das Neves (Pontevedra). Ademais das prazas para o alumnado, hai 10 vacantes dispoñibles para profesionais do sector agroalimentario e outras persoas interesadas na temática.
O Concello de Ponteareas suspende as feiras e mercados, agás para produtos agroalimentarios
O Concello de Ponteareas decidíu suspender as feiras e mercados dos sábados diante da situación sanitaria da localidade e das medidas adoptadas pola Xunta de Galicia. A situación de risco extremo conlevou o peche de actividades como a hostalaría, a redución do horario de apertura do comercio e o peche das áreas comerciais en fins de semana.
O mercadillo de Sabarís reinicia a súa actividade o luns 11, de xeito parcial e só con postos do sector agroalimentario
O vindeiro luns, 11 de maio, o mercado de Sabarís reiniciará a súa actividade, suspendida dende a declaración do estado de alarma no pasado mes de marzo. A reapertura programada polo Goberno de Baiona, realizarase de 'xeito escalonado' para poder ir adaptando esta cita semanal dos luns “a esa nova normalidade que nos toca vivir e que, en moitos aspectos, marcará un antes e un despois da crise da COVID-19”, explica o alcalde, Carlos Gómez.