21.2 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis

    Tag: adopción

    As adopcións no CAAN da Deputación superaron as 3.000 desde o 2015

    Coa saída, o pasado xoves, de nove cans e cadelas, o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra vén de superar a cifra das 3.000 adopcións acadadas desde 2015.

    Os sete cachorros rescatacos polo CAAN nun monte de Valga atopan novo fogar en só tres días

    Hai adopcións que se fan en tempo récord. O luns 26 de abril os seus nomes entraban na web do CAAN na lista cans e cadelas listos para ser adoptados e o mércores 28 os sete preciosos cachorros que o persoal do centro rescatara en febreiro con tan só un día de vida nun monte en Valga xa tiñan atopado un novo fogar.

    O CAAN da Deputación supera as 200 adopcións de animais no que vai de ano

    Se o ano pasado foi de récord no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra, en pouco máis de 3 meses este 2021 vai camiño de superalo. Xa son 210 as adopcións de cans e cadelas acadadas desde as instalacións da Armenteira desde o 1 de xaneiro, unha das últimas a de “Cástor”, un dos animais que máis tempo levaba no centro, concretamente desde o ano 2019.

    O CAAN da Deputación triplica en mes e medio as adopcións con 100 animais que xa atoparon un fogar desde o centro

    A do can “Suíllo” e o seu novo dono, o pontevedrés Francisco Aboal, foi hoxe a imaxe coa que a presidenta da Deputación Carmela Silva quixo poñer en valor ás persoas que deciden adoptar cans e cadelas “e que amosan unha forma marabillosa de estar no mundo, que é o apego polos animais; representan a unha sociedade que merece moito a pena”.

    O CAAN da Deputación bate o seu récord anual de adopcións a dous meses de que finalice 2020

    Coa saída de “Noa”, “Tula”, “Toba”, “Morito” e “Coba”, o Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra vén de superar o seu récord anual de adopcións acadado o pasado 2019, cando aínda faltan dous meses para que remate este ano. Cun total de 467 cans e cadelas que atoparon un fogar nestes dez meses, a cifra deste 2020 cobra aínda maior relevo pola situación da pandemia, que obrigou a suspender estes procesos entre marzo e maio co estado de alarma.

    O CAAN da Deputación de Pontevedra supera as 300 adopcións no que vai de ano

    O Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN) da Deputación de Pontevedra continúa a amosar o seu bo ritmo de adopcións e xa son 302 os cans e cadelas que este ano atoparon un novo fogar despois de pasar polas instalacións da Armenteira. De seguir esta tendencia, todo apunta que o CAAN previsiblemente poderá pechar o 2020 superando as 466 adopcións do pasado ano e que supuxeron o seu récord, tal e como avanzou hai unhas semanas a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, trala súa visita ao centro.

    O «CAAN» rompe o seu récord de adopción nun mesmo ano, 457 dende xaneiro

    Para o Centro de Acollida e Protección de Animais da Deputación de Pontevedra este 2019 xa é un ano de récord. O CAAN acaba de romper o seu mellor rexistro de adopcións de cans nun mesmo ano, que estaba nas 430 acadadas en 2016, porque no que vai deste 2019, xa se conseguiron un total de 457, unha cifra que incluso se espera que se incremente notablemente neste mes de decembro.

    «Bertín», o ‘avó’ do CAAN xa desfruta no seu novo fogar

    Seis anos despois, a historia de “Bertín”, o avó do CAAN, por fin ten un final feliz. Este mestizo desfruta xa no seu novo fogar en Cerdedo-Cotobade, onde foi trasladado esta mesma tarde polo persoal do centro despois de pasar os seus primeiros seis anos de vida nas instalacións da Armenteira.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.