25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis

    Tag: abastecemento de augas

    A entrada a Redondela pola Avenida Santa Mariña péchase ao tráfico para obras de mellora da rede de abastecemento e saneamento

    O Concello de Redondela vén de anunciar o peche, dende hoxe luns 5 de setembro, da entrada ao casco urbano pola Avenida de Santa Mariña (dirección ao Bar Rivas) para, aproveitando ás obras de humanización da citada vía, proceder á substitución das canalizacións tanto de saneamento de pluviais e fecais coma de abastecemento de auga potable, redes que contan con preto de 50 anos de antigüidade.

    O Concello da Cañiza denuncia un novo “atentado e sabotaxe” á rede de abastecemento de auga

    O Concello da Cañiza denunciou ante o Cuartel da Garda Civil da localidade o segundo "atentado e sabotaxe á rede de abastecemento de augas de consumo do casco urbano". Tal e como denuncia o Concello que preside Luis Piña, o responsable do servizo de auga atopou ás doce da noite, na inspección de rutina que se realiza diariamente aos tanques, novamente saboteado o sistema eléctrico do motor dun dos pozos que da servizo á rede de abastecemento do casco urbano.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.