Tag: a volta dos 9
Nigrán homenaxea ás viúvas da «Volta dos 9»
O Concello de Nigrán pechou este mediodía no 'Xardín da memoria', ao carón do Pavillón de Panxón, os actos en recordo do tráxico suceso coñecido como a 'Volta dos 9' cunha homenaxe ás viúvas destes executados o 15 de outubro de 1936 na curva da Bombardeira (Baredo) e de Dolores Samuelle, quen pagou coa súa vida agochar aos 'Ineses'.