Sábado, 3 Maio de 2025

Vigo acollerá un dos dous concertos que Guns N’ Roses ofrecerá en España no 2023

O estadio Abanca Balaídos será escenario do concerto da mítica banda que encabeza Axel Rose o 12 de xuño, tres días antes a formación actuará no Civitas Metropolitano de Madrid.

Só dous concertos dará a mítica banda de rock Guns ‘N Roses na súa xira Live Nation e un deles será, o 12 de xuño en Vigo no estadio Abanca Balaídos, tal e como o confirmou o propio grupo nas súas redes sociais.

O de Vigo será o terceiro concerto que ofreza Guns ‘N Roses nunha xira que comezará o 5 de xuño en Tel Aviv (Israel) para rematar o 22 de xullo no Estadio Olímpico de Atenas nunha serie de concertos nos que, a bo seguro, temas como November Rain ou Wellcome to the Jungle deixaránse escoitar.

Dende 1985 en que comezou a súa andaina, a banda que aínda mantén a Axel Rose, Slash e Duff McKagan da súa formación orixinal, é considerado como un dos grupos de hard rock mais exitosos de todos os tempos e o seu primeiro album, Appetite for Destuction, vendeu case que 30 millóns de copias.

Co concerto dos Guns ‘N Roses e tralo paso no 2022 de Muse –tamén no Abanca Balaídos–Vigo recupera, pouco a pouco, sen prisas pero sen pausa, o seu lugar nas xiras dos grandes grupos e o nome propio que lle fixo ser, aló polos anos 80 do pasado século, centro da movida e exemplo cultural e musical a seguir por outras cidades.