O avistamento de grupos de orcas nas costas galegas, levou a Salvamento Marítimo a facer un comunicado para que as embarcacións non se acheguen a elas. Este radioaviso publicouse a última hora do pasado domingo e ditaba o seguinte: “Avistamento de grupos de orcas en augas das Rías Baixas. Solicítase a todas as embarcacións que, en caso de avistamento non tenten aproximarse, dean amplo resgardo e informen á estación costeira máis próxima ou a Salvamento Marítimo Finisterre”.
Este mesmo aviso lanzouse tamén por radio. Aunque non é o habitual, non é a primeira vez que hai avistamentos destes cetáceos nas costas de Galicia. Estes cetáceos posúen unha aleta dorsal moi longa, que chega a medir ata 1,8 m nos machos e presenta unha coloración branca e negra que se distribúe de maneira particular, a cal é propia de cada individuo e permite distinguilo dos demais. A orca ten un dimorfismo sexual marcado; as femias son máis pequenas que os machos e teñen a aleta dorsal máis curta.
Ademais, é tamén unha característica que organízanse en grupos, sociabilizan e teñen un método de comunicación. Razón pola cual os grupos de orcas atacaron o casco dun velero e, por iso, Salvamento Marítimo lanzou o aviso.
