Tag: radiocomunicacións
Salvamento Marítimo alerta dun avistamento de orcas nas Rías Baixas
O avistamento de grupos de orcas nas costas galegas, levou a Salvamento Marítimo a facer un comunicado para que as embarcacións non se acheguen a elas. Este radioaviso publicouse a última hora do pasado domingo e ditaba o seguinte: "Avistamento de grupos de orcas en augas das Rías Baixas. Solicítase a todas as embarcacións que, en caso de avistamento non tenten aproximarse, dean amplo resgardo e informen á estación costeira máis próxima ou a Salvamento Marítimo Finisterre".