Venres, 2 Maio de 2025

Hoxe ábrese a autocita para a vacinación da segunda dose de reforzo da Covid

Recoméndase a vacinación a todas as persoas de 60 a 79 que, por diferentes motivos, non foron vacinadas; a sanitarios sen vacinar, a poboación con patoloxías de risco, embarazadas e convivintes con inmunodeprimidos, entre outros

A Consellería de Sanidade abriu a autocita para todas as persoas que, por diferentes motivos, non foron vacinadas coa segunda dose de reforzo da covid-19. Así, a partir de hoxe venres, 11 de novembro, poderase xestionar a cita para a vacinación, que terá lugar en grandes recintos. A citación farase a partir do luns, 14 de novembro.

As persoas dos seguintes grupos de idade e coas características que se detallan de seguido, poderán reservar a súa cita tanto a través da páxina web como da aplicación Sergas Móbil.

Recoméndase a vacinación coa dose de recordo aos seguintes grupos:

  • Persoas de 60 a 79 anos que non puideron acudir a vacinarse.
  • Sanitarios que non acudiron á cita ou que non foran citados.
  • Persoas menores de 60 anos con enfermidades crónicas cardiovasculares, neurolóxicas ou respitarorias –incluindo displasia bronco-pulmonar, fibrose quística e asma–.
  • Persoas de entre 12 e 59 anos con patoloxías de risco.
  • Mulleres embarazadas en calquera trimestre de xestación e mulleres que, despois de 6 meses do parto, non se vacinaran durante o embarazao.
  • Convivintes con persoas de alto grado de inmunodepresión.