Tag: vacinación
Sanidade lembra a posibilidade de vacinarse fronte á gripe ata o 15 de xaneiro
Sanidade lembra que a campaña de vacinación estará operativa ata o 15 de xaneiro e que se dirixe a toda poboación. O obxectivo xeral céntrase en diminuír o número e a gravidade das complicacións derivadas desta infección, minimizando o efecto na saúde mediante a súa prevención.
O conselleiro de Sanidade anima á cidadanía que aínda non se vacinou a que o fagan
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asistiu hoxe pola mañá, no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica, a un acto enmarcado na campaña de concienciación da importancia da vacinación dende o deporte galego.
A Xunta inicia a administración de terceiras doses da vacina da Covid
A Xunta de Galicia iniciou esta onte, na residencia Porta do Camiño de Santiago, a administración das terceiras doses da vacina da Covid, nas persoas usuarias dos centros sociosanitarios galegos, para continuar, hoxe, no resto de Galicia.
A Xunta citará para vacunarse contra a Covid-19 ás persoas que xa superaron a enfermidade
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa, de que a Xunta de Galicia comezará a citar ás persoas que xa pasaron a enfermidade da Covid-19, para recibir a primeira, ou a segunda dose, da vacina.
Sanidade abre a autocita para todas as persoas sen vacinar da Covid
A Consellería de Sanidade vai abrir a autocita para todas as persoas que, por diferentes motivos, non foron vacinadas. Así o anunciou o conselleiro Julio García Comesaña, durante a visita que realizou ao punto de vacinación masiva de Vigo, que está localizado no IFEVI.
A Xunta vacinou o sábado a máis de 11.000 persoas do grupo de poboación entre 60 e 65 anos
A Xunta de Galicia vacinou contra a COVID-19, na xornada do sábado, a 11.286 persoas pertencentes ao grupo poboacional de entre 60 e 65 anos. Así, ao redor do 70 % das persoas convocadas para recibir a primeira dose acudiu a súa cita de vacinación.
A Xunta comeza mañá unha nova vacinación masiva citando a 145.000 persoas
A Consellería de Sanidade comezará a partir de mañá a vacinación masiva das persoas que naceron entre os anos 1942 e 1946, así como entre 1956 e 1961. Nestes casos a convocatoria farase atendendo a criterios de idade, comezando polos maiores.
A Xunta de Galicia posibilitará aos cidadáns que se vacinen obter un certificado dixital de vacinación
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou en rolda de prensa, dos acordos do comité clínico celebrado. O titular da carteira sanitaria do Executivo galego destacou que a Xunta de Galicia vai posibilitar, a partir da primeira quincena de abril, aos cidadáns que se vacinen, acceder a un certificado dixital que poderá ser validado a través da súa sede electrónica.
A Xunta recibe 57.330 doses da vacina de Pfizer, 32.200 da de Moderna e non recibe ningunha de AstraZeneca
A Xunta de Galicia recibiu, no día de hoxe, un total de 57.330 doses da vacina de Pfizer e 3.220 da de Moderna. Da vacina de AstraZeneca non se recibiu ningunha dose. Esta semana, a Xunta de Galicia continuará coa vacinación das persoas de 80 e máis anos e de colectivos profesionais e persoas de profesións consideradas esenciais ata os 65 anos de idade. Continuarase, tamén, coa vacinación de grandes dependentes.
Preto de 15.000 persoas entre 50 e 55 anos recibiron o sábado a vacina da Covid
Un total de 14.734 persoas recibiron o sábado a vacina da Covid-19, na que foi a primeira xornada de vacinación masiva na nosa comunidade e que tivo lugar simultáneamente nas sete áreas sanitarias de Galicia.
Sanidade comeza a vacinación masiva das persoas entre 50 e 55 anos
A Consellería de Sanidade comezou onte vacinación das persoas entre 50 e 55 anos, cun plan piloto na Cidade da Cultura de Santiago con 1.000 persoas convocadas. Para maña está prevista a vacinación doutras 19.000 persoas.
O persoal do Servizo de Axuda no Fogar de Tomiño recibe a primeira dose da vacina contra a Covid-19
Esta semana as 44 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar do Concello de Tomiño recibiron xa a primeira dose da vacina contra o Covid-19. Así o comunicou a empresa adxudicataria do servizo, IDADES SL, quen informou que seguindo o Plan de Vacinación de Galicia o persoal de axuda a domicilio está considerado colectivo prioritario.
Todo o persoal da Policía Local do Porriño vacinarase contra a Covid-19
Todo o persoal da Policía Local do Porriño vacinarase contra o Covid. En total 23 persoas. A relación xa se enviou ao Servizo Galego de Saúde, a través da FEGAMP que media a xestión e que notificou á Concellería de Seguridade que o persoal policial vacinarase a partir do 5 de marzo.
O Concello agradece a colaboración dos cidadáns coa campaña de vacinación
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Seguridade, agradece "a colaboración e a paciencia dos cidadáns para que a campaña de vacinación para maiores de 80 anos que comezou hoxe no Centro de Saúde transcorra sen aglomeracións", segundo a concelleira, Lourdes Moure.
A Policía Local colaborará para evitar aglomeracións no Centro de Saúde no inicio da vacinación a maiores de 80 anos
A Policía Local colaborará a partir do vindeiro luns 22 para evitar aglomeracións no Centro de Saúde onde comezará a vacinación contra a Covid-19 de persoas maiores de 80 anos dos concellos de Porriño, Mos e Salceda.
EU de Ponteareas propón que as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar sexan “grupo prioritario” nas vacinacións contra a COVID-19
Esquerda Unida trasladou a todos os grupos municipais de Ponteareas unha proposta de moción para que o Concello solicite á Xunta de Galicia que as traballadoras de axuda no fogar sexan consideradas grupo prioritario nas vacinacións. Subliña EU que "trátase de persoas altamente expostas a risco de contaxio" ao ter que facer no desenvolvemento do seu traballo visitas domiciliarias.
Galicia deseña xa a loxística para vacinar contra a Covid-19 ao resto do persoal sanitario, aos grandes dependentes e a segunda dose nas residencias
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, aseverou onte que Galicia está a deseñar xa a loxística para vacinar contra a Covid-19 ao resto do persoal sanitario, ao persoal sociosanitario dos centros de día e do SAF, así como aos grandes dependentes, ademais de para administrar a segunda dose nas residencias.
Sanidade amplia ata o 16 de xaneiro a campaña de vacinación contra a gripe
A Dirección Xeral de Saúde Pública vén de acordar a prorroga da campaña de vacinación contra a gripe 2020 que se estenderá até o 16 de xaneiro de 2021, ou até esgotar as doses, co obxectivo de que se poidan vacinar contra esta infección todas aquelas persoas que aínda non o fixeron.